Comentarios: Adxudicar o contrato de desinfección de parques infantis, areas biosaudables e pistas deportivas, por tramitación de emerxencia, á empresa AGRONERGA S.L. (CIF:B-36.938.652) aplicando a tramitación de emerxencia ó abeiro do artigo 120 da LCSP e de acordo coas seguintes características:
◦ O obxecto do contrato é o servizo de desinfección de parques infantís, áreas biosaudables e pistas deportivas do Concello de Vigo.
◦ O presuposto base de licitación fixase en 198.250 € IVE incluído.
◦ O prezo unitario é de 195 € por instalación.
◦ O gasto será imputable á aplicación presupostaria 1710.2279902 “Mantemento de parques infantís e biosaudables” e a súa bolsa de vinculación.
◦ O horario de prestación do servizo é de 22: 00 a 10:00.
◦ O prazo de execución comezará de ó día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ó contratista, e rematará necesariamente cando finalicen as medidas adoptadas polo órgano competente con motivo da crise xerada polo COVID-19 ou ata que as condicións da emerxencia sanitaria conclúan ou cando se esgote o presuposto máximo de licitación.
◦ A forma de pago do prezo será mediante a presentación de facturas mensuais nas que se acreditarán o número de áreas desinfectadas nese período.
◦ Dada a natureza das prestacións obxecto do contrato non é necesario fixar prazo de garantía.
◦ O responsable do Contrato será a adxunta ao xefe de Servizo de Montes, Parques e Xardíns.