Comentarios: “Adxudicar o contrato de subministro de 8 unidades de 16 caixas de 500 tarrinas (1 palet) e 40 paquetes de bolsas de 130 unidades cada un, á empresa ALGAMA DISTRIBUCIÓNS HOSTELERÍA, S.L., (CIF B36419844) aplicando a tramitación de emerxencia ó abeiro do artigo 120 da LCSP, coas seguintes características:
◦ O obxecto do contrato é o subministro de 8 unidades de 16 caixas de 500 tarrinas (1 palet) e 40 paquetes de bolsas de 130 unidades cada un.
◦ O prezo é de 1.259,23 euros (IVE engadido).
◦ No orzamento incorporado ó expediente detállanse o prezo unitario, as medidas e volume dos produtos.
◦ O prazo de garantía é de 6 meses.
◦ O responsable do contrato será o xefe de Area de Benestar Social.
◦ Forma de pago: o prezo aboaráselle ao contratista previa a presentación da correspondente factura unha vez efectuado o subministro.
◦ O prazo de execución do contrato é indeterminado en función das circunstancias mentres dure a crise do COVID-19. A efectos orzamentarios estimase unha duración aproximada de 2 meses.
◦ O gasto impútase á aplicación orzamentaria 2310.2279910 (Xestión COVID-19) e a súa bolsa de vinculación