Comentarios: Vista a Resolución da Alcaldía n.º 2019-1192, de data 31/12/2019, mediante a cal se aprobou o expediente de contratación do procedemento de licitación aberto simplificado e sumario, para a adquisición dun brazo hidráulico para desbroce.
Visto que presentaron ofertas para participar no procedemento de licitación as seguintes empresas:
• Ramón Lois, S.L. con NIF B70487756
• Talleres Antonio Vigo, S.A., con NIF A15081565
Vista a acta da sesión da unidade técnica de valoración de data 10 de febreiro de 2020, na que se propoñía trala análise das oferta presentadas a seguinte orde de prelación para a adxudicación do contrato:
Nº de orde Denominación Oferta (sen IVE)
1 Talleres Antonio Vigo, S.A., NIF A15081565 16.500,00 euros
2 Ramón Lois, S.L. NIF B70487756 16.980,00 euros
Visto o informe-proposta da Secretaría municipal de data 14/02/2020.
Por todo o anteriormente exposto, e en virtude das competencias atribuídas na Disposición Adicional 2º da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do Sector Público e as atribucións recollidas no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local,
RESOLVO
Primeiro.- adxudicar o contrato de “adquisición dun brazo hidráulico para desbroce”, ao licitador TALLERES ANTONIO VIGO, S.A., con NIF A15081565, nos seguintes termos:
- Importe de adxudicación: 19.965,00 euros, dos que corresponde ao IVE: 3.465,00 euros.
Polo anteriormente exposto, procede descartar as ofertas presentadas polos demais candidatos por ser económicamente menos ventaxosas para o Concello, ao ser as súas ofertas superiores en términos monetarios á presentada polo adxudicatario.
Segundo.- Designar responsable do contrato á Concelleira de servizos municipais, Estefanía Ramos Olveira.
Terceiro.- Notificar ao adxudicatario do contrato a presente Resolución advertíndolle que a formalización do contrato efectuarase mediante a firma de aceptación da resolución de adxudicación, da que deberá dar traslado a esta Administración.
Cuarto.- Notificar este acordo aos interesados, ao resto de licitadores participantes na licitación e publicalo no perfil do contratante.
Quinto.- Publicar anuncio de formalización do contrato no Perfil de contratante en prazo non superior a quince días tras a perfección do contrato e co contido contemplado no anexo III da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
Sexto.- Comunicar ao Rexistro de Contratos do Sector Público os datos básicos do contrato incluíndo a identidade do adxudicatario, o importe de adxudicación, xunto co desglose correspondente do Imposto sobre o Valor Engadido.