Comentarios: Dacordo co informe de valoración, recibido en data 13/09/2023 ( R.E.986/2023)...........................
A continuación, visto que todos os licitadores superaron os 10 puntos ( tal e como esixía o
prego de clausulas), a mesa de contratación abriu o sobre C coa oferta económico-técnica
.................:
LIMONTA SPORT IBERICA S.L. 178.669,43 15 1,5 meses 20 35 URBAN GLOBAL 2018 S.L. 206.813,00 13,91 1,5 meses 20 33,91 OZIONA SOLUCIONES DE ENTRETENIMIENTO, S.L. 209.593,00 13,83 1,5 meses 20 33,83
Con este resultado a mesa de contratación formulou proposta de dxudicación a favor de Limonta Sport Iberica, S.L., con 61,24 puntos en total, que asumiu o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria de 21/09/2023, formalizando ao mesmo tempo requerimento de documentación para a adxudicación dacordo cos apartados a) a c) do 140 da Lei 9/2017, e aval.
Visto que o contratista presenta toda a documentación requerida por medio de PLACE en data 03/10/23, así como documentación de acreditación de solvencia das empresas que ten previsto subcontratar, en uso das facultades que me confire a normativa vixente, DA 2ª e 3ª da Lei 9/2017, e acordo plenario de delegación de competencias en materia de contratación a partir da proposta de adxudicación na Alcaldía, RESOLVO:
PRIMEIRO: Adxudicar o contrato de obra denominado “Cambio de céspede artificial no campo de futbol de As Tornas”, a Limonta Sport Iberica, S.L., licitador que acadou a mellor puntuación na cuantificación dos criterios de valoración, dacordo coas seguintes características:
Contratista adxudicatario:Limonta Sport Iberica, S.L.. con B80951510
Precio de adxudicación: 216.190,01 € ( 178.669,43 € de valor estimado e 37.520,58 € de ive)
Prazo de execución: 1 mes e medio.
SEGUNDO: Dispoñer un gasto total de 216.190,01 € ( 178.669,43 € de valor estimado e
37.520,58 € de ive) contra a partida 342 63200 do orzamento municipal vixente para 2023.
TERCEIRO: O contrato formalizaráse en documento administrativo, dentro dos quince días hábiles posteriores á data do presente acordo, podendo elevarse a escritura pública se así o solicita o adxudicatario, á súa costa.
CUARTO: O contratista asume a obriga de colocar un cartel de obra, que publicite a financiación da obra a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra.
QUINTO: Designar Director de obra a D. Luis Luis Vicente Vilar Montoro, autor do proxecto.
SEXTO: Antes do comezo da obra, a empresa adxudicataria deberá presentar no Concello unha copia do Plan de seguridade e saúde, que será informado pola dirección de obra para a súa aprobación, polo organo de contratación.
Igualmente a acta de comprobación do replanteo deberá estar asinada no prazo de 8 días, contados desde a formalización do contrato, a fin de axilizar o inicio das obras.
(...)