Comentarios: PRIMEIRO: Declarar admitidos os seguintes licitadores:
• CANALIS SOLUCIONES TECNOLÓGICAS SL.
• OYS FERNÁNDEZ SLU
Excluir a: Javier Fernández Lemos, por non cumprir co estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares no que se refire á presentación da súa oferta.
Motivación: Con data 20 de xullo de 2023, ás 15:03
horas, presentase, a través da Sede Electrónica deste Concello, unha
solicitude de don Javier Fernández Lemos, con DNI 35565932-C,
acompañada de anexos para participar na licitación e, segundo indica, ante
un posible erro electrónico da plataforma.
Tendo en conta a cláusula 9 do Prego que rixe este procedemento que
determina:
“9.1) Lugar e prazo de presentación. A presentación de ofertas realizarase de forma electrónica a través da Ferramenta de Preparación e Presetación de ofertas que a Plataforma de Contratación do Sector Público (www.contrataciondelestado.es) pon a disposición de entidades licitadores
para tal fin.
.../...
As ofertas presentaranse unicamente a través da Plataforma de
Contratación do Sector Público, sen que sexa válida calquera outra forma
de presentación...” .
SEGUNDO- Clasificar, de acordo cos criterios de adxudicación sinalados no prego, as proposicións admitidas neste procedemento, en orde decrecente.
TERCEIRO Adxudicar o contrato de obra “BALEIRADO DE AUGAS RESIDUAIS EN FOSAS SÉPTICAS" nas condicións que figuran na súa oferta e as que se detallan nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas a CANALIS SOLUCIONES TECNOLÓGICAS SL. con CIF B94057536 por un importe correspondente a 204,78 euros e un IVE de 20,48 euros, o que supón un total de 225,26 euros por cada baleirado, así como, un tempo de resposta dos baleirados inferior a 36 horas desde que sexan solicitados polos servizos técnicos municipais. E no caso de baleirados de emerxencias ou por algún motivo xustificado que puntualmente sexa comunicado polos servizos municipais, o prazo máximo para a súa execución será inferior a 18 horas.
CUARTO. Dispoñer o gasto correspondente de conformidade co establecido no Informe de Intervención de data 21 de xuño de 2023 .
QUINTO. Publicar anuncio de adxudicación no perfil do contratante no prazo de 15 días.
SEXTO. Notificar a adxudicación aos licitadores que non resultaron adxudicatarios.
SÉTIMO. Notificar a CANALIS SOLUCIONES TECNOLÓGICAS SL. adxudicatario do contrato, a presente resolución.
OITAVO. Publicar anuncio de formalización do contrato no Perfil do contratante no prazo non superior a quince días trala perfección do contrato e co contido contemplado no anexo III da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
NOVENO. Comunicar ó Rexistro de Contratos do Sector Público os datos básicos do contrato incluíndo a identidade do adxudicatario, o importe de adxudicación, xunto coa desagregación correspondente do Imposto sobre o Valor Engadido.
DÉCIMO. Dar traslado de esta resolución ós departamentos de intervención e tesourería.
DÉCIMO PRIMEIRO. Designar como responsable do contrato Manuel Lemos Pino.