Comentarios: Visto que con data 9 de febreiro de 2024 aprobouse iniciar o procedemento de licitación e adxudicación da obra “PAVIMENTACIÓN CAMIÑO O PAZO- ARNADE E OUTROS” cun orzamento que ascende a 127.009,15 euros mediante procedemento aberto simplificado a través dos pregos tipo de condicións administrativas da Deputación Provincial de A Coruña.
Visto que durante o prazo de presentación de ofertas, foron presentadas no perfil do contratante do Concello que está aloxado na Plataforma de Contratación do Estado ofertas económicas que corresponden as seguintes empresas:
1.- HORDESCON S.L.
2.- EXCAVACIONES SANTIÑOS S.L.
3.- OBRAS Y VIALES DE GALICIA S.L.
4.- EXPLOTACIONES GALLEGAS S.L.
Vista a acta da Mesa de Contratación de data 14 de marzo de 2024 onde se abriron os sobres B ( documentación administrativa e ofertas técnicas ) e posteriormente quedou suspendida ata o día 21 de marzo, debido a que a emisión do informe técnico de valoración do comité de expertos para valorar os criterios que dependen dun xuizo de valor tivo rexistro de entrada no concello o día 19 de marzo;
Visto que en data 21 de marzo de 2024 se reanudou a Mesa de Contratación e se procedeu, en primeiro lugar, á valoración dos criterios que dependen dun xuízo de valor atendendo ó informe técnico de valoración emitido polo Comité de Expertos;
Visto que a continuación e tamén en data 21 de marzo os membros da Mesa de Contratación ( coa finalidade de facer cumprir o establecido na Lei de Contratos de que o sobre C de criterios automáticos se debe abrir e valorar con posterioridade á valoración dos criterios que dependen dun xuizo de valor ) estableceron as puntuacións dos criterios cuantificables de maneira automática,
Visto que o adxudicatario proposto pola Mesa presentou en tempo ( o día 4 de abril con rexistro de entrada número 57/999/2024 ) e forma a documentación requerida o día 2 de abril ( con rexistro de saída 25/999/2024 ) que é a referida no artigo 16.1 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares da Deputación Provincial de A Coruña, incluído o aval por importe do 5% do valor do contrato ( 5% garantía definitiva ), por importe global de 5.103,95 euros;
Á vista das ofertas presentadas e de todo o anterior e, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do Sector Público, en relación co 21.1. da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, RESOLVO:
PRIMEIRO. Adxudicar ó contratista EXCAVACIONES SANTIÑOS S.L. a obra “PAVIMENTACIÓN CAMIÑO O PAZO-ARNADE E OUTROS” por un importe de 102.079,00 euros de execución material e 21.436,59 euros de IVE, dando o total de 123.515,59 euros, cunha baixa de 3.493,56 euros, é dicir, cun 2,75% de baixa sobre o prezo de licitación do contrato.
SEGUNDO. Notificar a adxudicación ó contratista e o resto de licitadores os efectos oportunos.
TERCEIRO.- Dar conta do presente decreto na vindeira sesión ordinaria de Pleno.