Comentarios: PRIMERO: Adxudicar o contrato de obra denominado “Mellora de camiños da
Gándara, Chavella e Laxes de Abaixo”, co seguinte detalle:
Contratista adjudicatario: Construcciones Fechi, S.L. con CIF B36258861
Precio de adxudicación: 55.546,32€ ( 45.906,05 € de valor estimado e 9.640,27€ de ive)
Plazo de execución: 1 mes.
Plazo de garantía: 10 años ( 9 sobre o mínimo legal)
O proxecto de obra preve un prazo de execución de 1 mes, non obstante, a financiación externa chegará en dúas anualidades, resultando imposible acometer a totalidade do contrato neste ano 2024, polo que a execución vai acompasada á chegada dos fondos, e a obra será executada entre 2024 e 2025, co detalle de importes e unidades de obra que figuran no proxecto, para cada anualidade.
SEGUNDO: Dispoñer un gasto total de 55.546,32€ ( 45.906,05 € de valor estimado e 9.640,27€ de ive) contra a partida 1532 61900 do orzamento municipal vixente para 2024 co seguinte detalle de anualidades e importes
ANO IMPORTE Desglose financiación PARTIDA
2024
27.501,91
Xunta 17.833,75 1532 61900
Deputación 9.640,27
Concello 27,88
2025 28.044,42 Xunta 28.044,42 1532 61900
TERCEIRO: O contrato formalizarase en documento administrativo, dentro dos quince días hábiles posteriores á data do presente acordo, podendo elevarse a escritura pública se así o solicita o adxudicatario, á súa costa.
CUARTO: Proceder, de conformidade co previsto no artigo 151 da Lei 9/2017de
Contratos do Sector Público, á notificación do presente acordo ao contratista
adxudicatario, e ao resto de licitadores, así como á publicación do anuncio no perfil do contratante do órgano de contratación.
QUINTO: Designar Director de obra e coordinador de seguridade e saúde a Roberto Aya Vidal de Interurban, S.A. , autor do proxecto.
SEXTO: Será por conta do adxudicatario a instalación de dous carteis de obra, coas características establecidas polos entes concedente da subvención (Agader Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra, Plan Máis Provincia)
SÉTIMO: Consta no expediente as seguintes autorizacións sectoriais previas, das que se da traslado ó contratista para o cumprimento dos requisitos establecidos:
- Autorización Augas de Galicia
- Autorización sectorial previa do Servizo de Coordinación Cultural (patrimonio).
- Autorización sectorial previa do servizo de Urbanismo (Costas)
- Autorización sectorial previa da Axencia Galega de Infraestructuras
OITAVO: Antes do comezo da obra, a empresa adxudicataria deberá presentar no
Concello unha copia do Plan de seguridade e saúde, que será informado pola dirección de obra para a súa aprobación, polo organo de contratación.
Igualmente a acta de comprobación do replanteo deberá estar asinada no prazo de 8 días, contados desde a formalización do contrato, a fin de axilizar o inicio das obras.
NOVENO: subcontratación
DÉCIMO: Dar conta da presente Resolución ó Pleno Municipal na próxima sesión
ordinaria do mesmo.