Comentarios: PRIMEIRO: Declarar admitidos o seguinte licitadores:
• CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.L. (COVSA)
SEGUNDO: Clasificar, de acordo cos criterios de adxudicación sinalados no prego, as proposicións admitidas neste procedemento, en orde decrecente.
TERCEIRO: Adxudicar o contrato de subministración “SUBMINISTRO DE EMULSIÓN ASFÁLTICA BITUMINOSA C60B3ADH (CR-1) E AGLOMERADO ASFÁLTICO EN FRÍO” nas condicións que figuran na súa oferta e as que se detallan nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas a CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.L. (COVSA) con CIF A-3600888, conforme a súa proposta: prezo unitario por tonelada de aglomerado ou mestura bituminosa en frío por importe de 59,52 (sen IVE), prezo unitario por tonelada de emulsión bituminosa catiónica C60B3ADH cun importe de 577,20 euros (sen IVE) e un prazo de entrega de unha hora e trinta minutos. O consumo máximo anual será de 400 toneladas de aglomerado en frío e de 30 toneladas de emulsión, o que supón 28.808,00 euros en aglomerado en frío e 20.952,30 euros en emulsión.
CUARTO. Dispoñer o gasto correspondente de conformidade co establecido no Informe de Intervención de data 05 de marzo de 2025.
QUINTO. Publicar anuncio de adxudicación no perfil do contratante no prazo de 15 días.
SEXTO. Notificar a adxudicación aos licitadores que non resultaron adxudicatarios.
SÉTIMO. Notificar a CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.L. (COVSA) adxudicatarios do contrato, a presente resolución.
OITAVO. Publicar anuncio de formalización do contrato no Perfil do contratante no prazo non superior a quince días trala perfección do contrato e co contido contemplado no anexo III da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
NOVENO. Comunicar ó Rexistro de Contratos do Sector Público os datos básicos do contrato incluíndo a identidade do adxudicatario, o importe de adxudicación, xunto coa desagregación correspondente do Imposto sobre o Valor Engadido.
DÉCIMO. Formalizar o contrato mediante a firma de aceptación polo contratista da presente resolución de adxudicación, no prazo de 15 días hábiles.
DÉCIMO PRIMEIRO: Dar traslado de esta resolución ós departamentos de intervención.