Cortegada Nº 16 No Concello De Silleda - 36545 (Pontevedra)

Contratos públicos ganados por esta empresa

1 contratos por un importe total de €45,227

€ 45k • Consolidación e mantemento da edificación, demolición de todas aquelas partes da mesma que non vaian conservarse no futuro, ben polo seu estado de deterioración e ruína, ou ben porque serán substituídas por outros elementos máis duradeiros, funcionais ou seguros. • Desmontaxe dos restos de material de cubrición da cuberta actual da edificación tradicional, conformado por restos de tella cerámica curva, así como dos elementos estruturais secundarios que se atopan deteriorados. • Reconstrución do muro interior de mampostería para poder apoiar a cuberta e abrirase un paso para poder conectar ambas as estancias e lograr así un espazo máis polivalente • Execución dunha cuberta a dúas augas mediante un sistema armazón estrutural de madeira apoiado directamente sobre os muros de cachotería existentes, trasladando as cargas a estes, aliñados e nivelados correctamente para posteriormente recibir o panel. A elección deste sistema construtivo de cuberta realízase buscando a maior similitude cos sistemas tradicionais de madeira, respectando ao máximo o sistema construtivo tradicional mediante o mantemento do sistema estrutural orixinal e dotando á construción dun illamento adecuado mediante un sistema lixeiro e de fácil montaxe, con acabados acordes ao tipo de construción vixente • Sobre este armazón colocaranse paneis de madeira de taboleiro hidrofugado. • Remate da cuberta co material de cubrición composto por ferros de fibrocemento libres de amianto e teza curva cerámica. • Colocación de canalóns e baixantes de sección circular, sen molduras e de zinc, sen brillos e da súa cor natural Pontevedra Actualizado: (1 sept 2022)